O Vibra é un festival fóra do común, un encontro para escaparse do ruído e conectarse coa cultura, a natureza e a gastronomía nun entorno único.

O Vibra naceu e medra nunha vila na montaña, rodeada de bosques, historia e veciñanza. Por iso, o respecto do medio natural é tan importante como o desfrute e a diversión durante o festival.

O MUNDO

VIBRA

O Vibra trae cultura ao vivo e de calidade, con especial gusto pola fusión de ritmos e músicas do mundo, sempre con propostas auténticas e orixinais que veñan ao Vibra a transmitir toda a súa enerxía.

No Vibra tamén hai obradoiros nos que coñecer xente, ideas e trucos, nos que aprender compartindo, convivindo e creando xuntas.

As nosas raíces? Son largas e fortes: feminismo, ecoloxía e diversidade. Se sintes estas raíces como propias, ven e escápate ao mundo vibra.

Foto de un grupo de participantes durante un taller de danza africana en el auditorio del museo La Casa de las Gentes, las personas de pie realizando movimientos

QUERES

SABER MÁIS?

Descubre máis sobre a historia do Vibra, de anteriores edicións e da vila de Balboa