HISTORIA

LUGAR

Balboa é unha pequena vila de 79 habitantes, situada no val do río co mesmo nome, na comarca do Bierzo, entre Galiza e León, cunha grande riqueza natural e histórica.

O municipio está salpicado de pobos nas ladeiras das montañas, separados por pequenos vales, integrados nunha variada paisaxe arbórea dominada por coidados soutos de castiñeiros e abundantes e espontáneas carballeiras.

Arquitectónicamente son destacables o seu Castelo, do século XIV, a Igrexa románica de Santa Mariña (séculos XIII-XVI) e a coidada arquitectura tradicional de pallozas e hórreos.

EDICIÓNS ANTERIORES

O Vibra Balboa naceu en 2012

e foi evolucionando ano a ano ata que tras unha pausa para coller forzas, regresou en 2023 coa VI edición e toda a enerxía e ganas de vibrar!

Cremos que este pequeno paraíso é único para desfrutar da cultura ao vivo. Cremos tamén na importancia de coidar destes pobos e vilas ao mesmo tempo que lles damos vida; lugares que co actual modelo de desenvolvemento van caendo no esquecemento e despoboándose paulatinamente.

Queremos difundir unha pequena parte da cultura lugareña, das súas xentes e historia, e ó mesmo tempo promover unha cultura contemporánea, de calidade, a prezos populares, diversa y accesible.

Invitámoste a propoñer, colaborar, coñecer e disfrutar nas actividades do Vibra Balboa.

Grazas por facelo posible!