ESPAZOS VIBRA

1. Praia fluvial
2. Palloza de Balboa
3. O Subiao
4. Amalavida
5. Casa das Xentes
6. Auditorio – Castelo
7. Palloza de Canteixeira
1

Praia fluvial
Formada por un fermoso prado verde xunto ao río Balboa, tras cruzar a preciosa Ponte dos Bicos, lugar perfecto para relaxarse ao sol, bañarse, descansar e gozar das actividades programadas durante o Vibra.
2

Palloza de Balboa
A Palloza do río, situada no centro de Balboa, preparada como bar-restaurante onde dan unha riquísima comida, conta con cheminea interior e cun escenario magnífico para actuacións en directo cun son único grazas ao seu teito de palla e paredes de pedra, espazo marabilloso para os concertos de apertura do Vibra o xoves do festival.
(Teléfono de reservas: 987.563.739)
3

O Subiao
Un dos coidados bares de Balboa, á beira da Palloza, cunha fermosa terraza exterior ideal para tomarse algo vendo un dos concertos do Vibra.
(Teléfono de reservas: 678.669.353)
4

Amalavida
Outro dos espazos clásicos do Vibra, Amalavida ou o bar de Amal, onde tomar algo e poder comer rico rico, co seu fermoso interior, a súa cheminea, a súa terraza e sempre coas portas abertas para que soe a música en directo do Vibra.
(Teléfono de reservas: 653.579.991)
5

Casa das Xentes
Un espectacular museo da artesanía en madeira de castiñeiro, un lugar que é unha obra de arte en si mesmo, entrar nel é imprescindible para coñecer a maxia e a arte do traballo artesanal da madeira autóctona. Conta cun auditorio que é un espazo perfecto para algunha das actividades do Vibra.
6

Auditorio e Castelo de Balboa
7

Palloza de Canteixeira
A palloza máis antiga de Balboa, cos seus 300 anos de vida, foi vivenda ata finais dos 80 e agora é un restaurante-bar no que degustar a estupenda gastronomía local ou tomar algo á calor da súa cheminea e admirando a historia que contan as súas paredes e o seu teito. Lugar máxico para celebrar a despedida do Vibra o domingo do festival.
(Teléfono de reservas: 639.555.696)