PREGUNTAS
FRECUENTES

Esta é a ubicación do Festival Vibra

SE VES EN COCHE
Chégase pola autovía A-6 (saída 419 dende o sur, 420 dende o norte) e cun tramo posterior de estrada durante 5 km ata chegar ao centro da Vila.

SE VES EN TRANSPORTE PÚBLICO
Autobús
ALSA ten ruta Madrid-Galicia, León-Galicia, Asturies-Galicia con parada solicitada en Ambasmestas (a 5km de Balboa)
https://www.alsa.es/

Tren
a estación máis próxima está en Ponferrada (a 40km de Balboa)
https://www.renfe.com/es/es

Taxi
Se necesitas un taxi dende un lugar próximo a Balboa, aquí tes algúns:
-Alberto (máis preto de Balboa): 649.716.870
-Juan Antonio ( Vilafranca): 646.644.238
-Pepe (zona Vega de Varcarce): 649.647.504
(Dispoñibles ata as 23:00 horas)

SE COMPARTES TRANSPORTE
BlaBlaCar
https://www.blablacar.es/

Amovens
https://amovens.com/rides

No noso Facebook e Instagram atoparás unha publicación onde buscar u ofrecer prazas para compartir coche.

Acampada

Haberá unha zona habilitada para acampar con baños e duchas que vai incluída coa compra da entrada ao Vibra e que está a 5 minutos do pobo a pé. (Tamén podes vir na túa furgo-camper ou autocaravana).
*Tes máis información da zona de acampada na pregunta específica “Zona de Acampada”.

Albergues, hostais, hoteis,…

Hai varias opcións preto de Balboa, deixamos este enlace a un mapa para que busques ao teu aire:
Aloxamentos preto de Balboa

En Balboa tes varias opcións para comer e cear todo o ano e ademais durante o Vibra haberá varios postos de comida rica (con opción vexetariana e vegana) para saciar a fame!
Aquí van algunhas recomendacións cos teléfonos para reservar:
-Palloza de Balboa: 987.563.739
-Palloza de Canteixeira: 639.555.696
-O Subiao: 678.669.353
-Amalavida: 653.579.991

Comer preto de Balboa

A maiores das actividades que propoñemos durante o Vibra, en Balboa e arredores hai moitas marabillas para ver, coñecer e desfrutar eses días ou en calquera momento do ano!

· Palloza de Balboa
· Palloza de Chis
· Palloza de Canteixeira
· Fervenza de Canteixeira
…e moito máis!

Para saber máis visita a web de Turismo do Bierzo

Durante o día (ata as 21:00) as actividades terán lugar no centro da vila e poderán estar contigo sempre e cando vaian atados e te fagas responsable en todo momento. No recinto dos concertos da noite haberá moito volumen, moita xente e moito ruído, non sendo un lugar axeitado para animais, polo que o seu acceso estará prohibido.

Hai moito contraste entre o día e a noite, cando anoitece baixan bastante as temperaturas (recomendamos traer roupa de abrigo e un bo saco ou mantas).

En Balboa non hai supermercado, nin caixeiros automáticos nin farmacia, pero si en Vega de Valcarce (a 10 min en coche):
-Supermercado Claudio: 987.543.138
-Supermercado Carolina
-Caixeiro BBVA: 987.543.043
-Caixeiro Unicaja: 987.543.145
-Farmacia: 987.543.224
*Están todos pegados uns a outros.
**Para pagar no festival poderás usar efectivo ou tarxeta.

O acceso á zona de acampada só se poderá facer co abono do festival (ou entrada do propio día), contará con baños e duchas e estará aberta dende o xoves ás 12:00 do mediodía ata o luns ás 12:00 do mediodía.
Pola seguridade do entorno e das personas, na zona de acampada (e en todo o pobo) estará prohibido facer calquera tipo de lume.

Os/as menores de 16 anos teñen entrada gratuíta, deberán estar acompañados/as polo seu pai, nai ou titor/a, presentando o documento de “Permiso Paterno” cuberto e asinado (descargable na compra de entradas na web, e tamén no posto de información en papel).
As persoas con 16 ou 17 anos deberán pagar a entrada e presentarán o documento de Permiso Paterno cuberto e asinado polo seu pai, nai ou titor/a.

Só estará permitido o acceso coa cantidade de comida razoable para unha persoa e nunca para ser vendida no recinto.
Só se pode acceder con botellas de plástico valeiras (dentro do recinto hai auga potable gratuíta para todo o mundo), non estando permitido o acceso con ningún tipo de líquido nin con cantimploras, petacas, botellas de metal, vidro,…e materiais que poidan implicar un risco para as asistentes.

Trae o teu vaso ao Vibra! Xa vai sendo hora de usar os vasos que imos acumulando nos festivais, no Vibra non queremos vender vasos, queremos reducir plásticos de un só uso e reutilizar o máximo posible! Para quen esqueza traer o seu vaso teremos alí vasos reutilizables do Vibra a 1€.
Se o vaso que traes ten medidas distintas aos do Vibra (40cl / 90cl) serán servidos na proporción correspondente sempre partindo dos prezos mínimos marcados na lista de prezos do festival.